A Comisión Técnica de Teatro do Consello da Cultura Galega pretende con este informe ofrecer ás persoas interesadas na función docente no eido da Arte dramática un conxunto de materiais que poidan servir para tomar conciencia das características da función docente nesta área e asumir os seus principios, problemáticas e desafíos. A posta en marcha da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia implica contar cun grupo de profesionais que posúan un coñecemento altamente especializado das artes escénicas e un amplo abano de coñecementos relacionados coa función docente. [Presentación editorial]