As tres mortes de Lorenzo Varela Escritor/a:
Antón Lopo
Ed. Galaxia,
2005 | Biográficos
Puntuación: 2.0/5 (47 votos)
Lorenzo Varela é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2005. Con ese motivo, Editorial Galaxia publica unha nova biografía do poeta do exilio. "As tres mortes de Lorenzo Vareta" é unha novidosa achega ao xénero biográfico escrita polo narrador e poeta Antón Lopo. O libro inclúe, ademais, unha ampla cronoloxía e unha escolma comentada da obra poética do creador de Torres de amor.
A partir dos datos biográficos e co material base da obra literaria de Lorenzo Varela, esta biografía ofrece aos lectores, dun xeito novidoso, a crónica dunha peripecia vital que percorre as turbulencias do século XX. "As tres mortes de Lorenzo Vareta" adéntranos no labirinto dunha vida marcada pola guerra civil e o exilio, ao tempo que percorre a biografia do poeta a través das páxinas da súa obra. Unha galería de personaxes fascinantes como Octavio Paz, Maruja Mallo, Jorge Luis Borges, Luís Seoane, Ramón Piñeiro, Miguel Hernández ou Ánxel Fole chega con gran viveza aos lectores e lectoras a través do texto que o poeta e narrador Antón Lopo escribiu especialmente para Editorial Galaxia.
O mosaico de toda unha época e un tempo que Lorenzo Varela viviu nas trincheiras do campo de batalla, nas barricadas da literatura ou no combate que librou no seu interior entre a razón e a emoción. Un libro que nos achega, sobre todo, á vertente humana do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2005 e que nos devolve o pracer da lectura a través do xénero biográfico. Inclúe, ademais, unha interesante escolma comentada da obra poética de Lorenzo Varela.
[Presentación editorial]