Como consecuencia deste catálogo, Galicia dispón dunha bibliografía nacional retrospectiva que permite unha panorámica moito máis completa do fenómeno do libro no século XIX, así como da imprenta e a lectura. (...) Pode afirmarse que non só dende o punto de vista cuantitativo se perfeccionou o noso coñecemento do libro galego, pois son máis de seis mil os novos libros descritos, senón que tamén mellorou o noso coñecemento cualitativo, como se verá ó longo das páxinas de introducción. Así podemos decir que coñecmenos mellor que autores publicaron en Galicia ou que institucións promoveron a edición do libro, que autores se traduciron, que obras se produciron, en que cidades estableceron novas imprentas e por que motivo, cal foi o decorrer histórico deses novos impresores, cal foi a materialidade do libro, o seu formato o seu papel, a súa encadernación, de que forma especificamente en Galicia melloraron as artes gráficas, a ilustración dos libros, o seu deseño... Podemos polo tanto fuxir dos estereotipos sobre a historia do libro que calacan as realidades sociolóxicas e historicamente moi diferentes de determinados panoramas. Porque a evolución do libro está marcada pola existencia dun público lector e o seu grao de alfabetización e, xa que logo, pola oferta e a demanda de todo un sector. [introducción do coordinador]