Puntuación: 2.5/5 (73 votos)
Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, "As cartas do destino" é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Núñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da Historia chega agora aos lectores e lectoras de maneira directa a través das cartas que se inclúen no libro que Editorial Galaxia publica na colección Memoria.
Entre América e Galicia circularon durante medio secu o as cartas da familia Naveiras, onxinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferroterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. "As cartas do destino" recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Núñez Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector ou lectora pode compartir unha experiencia semellante á dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarían de pensar na súa terra.
As dificultades da vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro no que os auténticos protagonistas falan en por si.
[Presentación editorial]