O presente volume, dirixido aos escolares do segundo e terceiro ciclo da Educación Primaria, presenta unha breve biografía sobre a figura de Lorenzo Varela e unha antoloxía representativa da súa poesía galega, preparada polo profesor Carlos L. Bernárdez. A relevancia do apartado fotográfico, así como a beleza das ilustracións sobre os dez poemas escolmados, realizadas polo pintor Fino Lorenzo, así como as notas e orientacións para a súa lectura, permiten un achegamento didáctico e atractivo á vida e á poesía galega do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2005. [Presentación editorial]