¿Como converterse en actor? ¿Como debe ser a aprendizaxe do "xogo" teatral? Este libro propón un percorrido estimulante en procura dos fundamentos da formación do actor. Directores, actores, pedagogos e teóricos do teatro reflexionan sobre o oficio do actor e sobre a orientación que debe seguir a súa formación profesional: adquisición da técnica, transmisión de coñecementos e, mesmo, descuberta dunha certa ética. A práctica do teatro analizada desde diversos puntos de vista e a partir da experiencia dun mangado de persoeiros do mundo teatral contemporáneo. [Contracapa do libro]