Esta obra é unha síntese da historia de Galicia na Idade Media (ss. V-XV). Nela abórdanse entre outros moitos aspectos: a integración do espazo galego nun reino cristián occidental, o descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, a existencia do reino de Galicia, o xurdimento do Reino de Portugal, o desenvolvemento de cidades e vilas, a composición da sociedade, a "revolta dos irmandiños", a acción dos Reis Católicos ou a pegada de eremitorios e mosteiros. [Contracapa do libro]