Este volume presenta e analiza os trazos que caracterizan o teatro como manifestación artítstica e cultural, prestando especial atención ao espectáculo teatral e aos diferentes medios de estudo do feito escénico. Tamén ofrece unha perspectiva xeral sobre os procesos de expresión, comunicación e recepción teatral, salientando as actividades máis importantes nos mesmos. Estamos ante un traballo que supón unha introdución integral ao teatro, considerado como unha das artes escénicas. [Contracapa do libro]