Recollidos neste libro, os textos de prensa que publicou Bieito Iglesias durante o ano 2003 en Tempos Novos e A Nosa Terra conforman no seu conxunto unha crónica do acontecer e, á vez, configuran un mosaico polifónico no que o autor refrenda que é dono dunha prosa literaria e xornalística -ou xornalística e literaria- de grande orixinalidade. Conectando coa nosa mellor tradición narrativa, Bieito Iglesias amosa elegancia, honestidade intelectual e unha forte capacidade de comunicación. Esta orixinalidade non a perde agora, cando xa non ten a urxencia da opinión pública. Porque todo o que non é actualidade de último impacto está vivo, ten valor sociolóxico e mantén o nervio ideolóxico. [Contracapa do libro]