Puntuación: 1.9/5 (60 votos)
Dan Brown é un dos autores emerxentes dos Estados Unidos. Ten publicados, con grande éxito, Digital Fortress, Angels & Demons e Deception Point. Vive en Nova Inglaterra. O código Da Vinci ascendeu de maneira meteórica ata situarse no cumio da lista do The New York Times.
Unha antiga irmandade secreta.
Unha nova arma devastadora.
Un obxectivo inimaxinable.
Moito antes de descifrar O Código Da Vinci, o simboloxista de prestixio internacional Robert Langdon accede a viaxar ata un centro de investigación suízo para analizar o críptico símbolo que apareceu marcado a lume no peito dun físico asasinado. O que descobre é inconcibible: unha criminal vinganza contra a Igrexa Católica perpetrada por unha organización secreta centenaria, os Illuminati. Nun desesperado esforzo por salvar o Vaticano dunha potente bomba de reloxería, Langdon traballa man a man coa fermosa e misteriosa científica Vittora Vetra. Xuntos embárcanse nunha frenética busca pola cidade eterna que os leva a criptas seladas, perigosas catacumbas, catedrais baleiras, e que remata na cámara máis secreta do mundo: o agocho dos Illuminati.
O ambigrama do título lese igual aínda que se inverta a posición do volume. Esta antiga técnica artística é un dos protagonistas dos misterios de Anxos e demos.
[Presentación editorial]