Puntuación: 2.1/5 (48 votos)
“Lorenzo Varela. Vida e obra" ofrece un percorrido claro, gráfico e didáctico en torno á vida e á obra da figura homenaxeada nas Letras Galegas 2005. Estudiando unha a unha as etapas da súa vida (Infancia e mocida-de, 1916-1936; A guerra, 1936-1939; O exilio en México, 1939-1941; e O exilio arxentino, 1941-1976), e dedicando un capítulo especial á poesía galega de Lorenzo Varela, o profesor Carlos L. Bernárdez ( o primei-ro estudoso da súa obra literaria galega e un dos investigadores máis destacados do seu labor como crítico de arte ) aborda todas as cuestións fundamentais da vida e obra do poeta galego.
Lorenzo Varela (A Habana, 1917 – Madrid, 1978), poeta e crítico de arte, pertence á xeración de 1936, tanto pola súa obra como polas circunstancias que o obrigaron a exiliarse. Afiliado ao Partido Comunista e alistado no exército republicano, logo de se exiliar, Lorenzo Varela entrou en contacto con Luís Seoane e Rafael Dieste, publicando a maior parte da súa obra poética (os poemarios, Catro poemas para catro gravados e Lonxe) e participando en diversas actividades culturais. En 1976 retornou a Galicia e, finalmente, asentouse en Madrid, onde morrería dous anos máis tarde. Durante o ano 2005 é homenaxeado co Día das Letras Galegas.
[Presentación editorial]