Puntuación: 2.0/5 (49 votos)
Nunha cidade descoñecida, un escritor atorméntase coa desaparición da muller amada. En Nova York, unha azafata de voo trafica con estrañas mercadorías. Le Vivier-Sur-Mer, Bretaña, outra muller terá un inesperado encontro que muda a súa vida. Os camiños dos tres personases confluirán, ou non, dun xeito impensado.
Como nunha road-movie vertixinosa, "O sangue dos camiños" debulla, e transcende, os mitos do folclore actual —os medios de comunicación de masas— o mesmo que Vicente Risco actualizara, no seu día, os mitos do imaxinario tradicional.
Seguindo as pegadas dunha nova Exeria, a novela de Ramón Caride combina, nunha sabia mestura, as diversas técnicas narrativas con elipses e rupturas temporais, mantendo en todo momento a tensión do lector cara á fatalidade dos desenlaces.
"O sangue dos camiños" (Premio Risco de Literatura Fantástica 2003) completa a triloxía novelística de sombras e de lume, integrada tamén por Soños Eléctricos (Premio Blanco-Amor 1992) e Sarou (Premio Café Dublín 1997), culminando —e afondando— o universo literario do seu autor, un dos máis singulares das nosas letras.
[presentación editorial]