"Confesións dun practicante. As aventuras dun dramaturgo en Galicia" reune unha presa de textos de variada condición sobre ese universo chamada teatro, e máis concretamente, sobre o proceso de creación do texto dramático: desde a autobiografía ó diario, pasando por sucesivas e suxerentes aproximacións a unha poética e irónicas indagacións sobre a necesidade e a crise do teatro. As notas a pé de páxina contextualizan as distintas pezas e ofrecen unha sorte de memorias de Raúl Dans sobre estes últimos vinte anos no teatro, na radio, no cine, na dobraxe e na televisión do país. "Confesións dun practicante" constitúe unha obra nada frecuente na bibliografía do noso país. [Contracapa do libro]