A escenografía converteuse nunha das cuestións fundamentais á hora de falarmos de teatro. Este libro desenvolve a proposta persoal e orixinal dunha escenógrafa de prestixio. O resultado é unha avaliación sistemática dos métodos e o papel que desempeña tradicionalmente o deseño teatral. O texto arrequéntase con anécdotas e exemplos tirados da experiencia teatral da propia autora e mais do seu traballo como investigadora sobre o tema. Inclúense atractivos e interesantes debuxos do labor escenográfico realizado por Pamela Howard. [Contracapa do libro]