Neste primeiro volume dos Breviarios da Biblioteca de Teatro, ofrécese unha visión xeral sobre os contidos e saídas profesionais dos estudos superiores de Arte Dramática nas tres especialidades contempladas pola lexislación vixente. O libro está especialmente concibido para os lectores e lectoras que desexan vincular o seu futuro profesional ao campo das artes do espectáculo e da representación e ao da produción audiovisual. Inclúe unha guía completa sobre as probas de acceso específicas para estes estudos, ademais de fornecer diversas claves para a súa preparación e realización. [Contracapa do libro]