Puntuación: 1.8/5 (75 votos)
Anuario de Estudos Literarios Galegos inicia unha nova etapa, enmarcado no proxecto xeral da revista GRIAL, que se configura desta mane ira coma un amplo espazo de producións periódicas: Revista Galega de Cultura, Cadernos GRIAL e Anuarios.
Reforzamos un proxecto que naceu hai dez anos da man do profesor Xoán González- Millán, na universidade de Nova York, coa idea de servir de plataforma para a difusión de traballos de investigación literaria galega no mundo, e que ao longo deste tempo logrou converterse nunha referencia obrigada para os estudos deste tipo.
Co apoio da Fundación Caixa Galicia, que dende o primeiro día entendeu a ambición do proxecto, o Anuario de Estudos Literarios Galegos (agora Anuario GRlAL de Estudos Literarios Galegos) chega a todos os centros universitarios onde a lingua e os estudos da literatura galega teñen presencia, dentro e fóra do noso país, moi especialmente nas cátedras e seminarios internacionais de Galego, Galego-Portugués, estudos hispánicos e as literaturas románicas, fomentando o intercambio con outras publicacións de semellantes características.
Dolores Vilavedra, que na etapa anterior exercía de subdirectora da publicación, asume a partir de agora a dirección da mesma, cun equipo renovado de colaboradores directos: Xosé María Dobarro Paz, Manuel Forcadela, Helena González, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Camino Noia e Xosé K. Pena; e un Consello Científico que se amplía.
Organizado en tres grandes espazos: Estudos, Panorámicas e Libros, o Anuario GRlAL de Estudos Literarios Galegos reforza a súa vocación de constituírse en foro de reflexión, excelencia e orientación crítica nos ámbitos propios da investigación e a actividade universitaria que, tanto dentro coma fóra de Galicia, traballan no noso sistema literario.
[Presentación editorial]