Xesús Franco (Vigo, 1943) é oficial da Mariña Mercante e experto en redes comerciais, ademais de colaborador durante longos anos en programas radiofónicos e suplementos culturais da prensa escrita.
Co debuxante Pedro Bofill é autor da serie de banda deseñada "Os homes do fin do mundo", "Os fillos de Breogán" e "A grande viaxe polo río", reunida en "As aventuras dun neno galego" (1985).
A súa obra literaria inclúe títulos cqmo "Blues para un asasino" (1994), "Contramar" (premio de poesía Martín Códax, 1995), e "Matalote" (2000). [Lapela do libro]