Desde a Idade Media e o Renacemento, a obra de Ovidio nunca deixa de estar presente na tradición literaria europea. Esta edición galega de "Metamofoses" preséntase en dous volumes, o primeiro inclúe unha extensa introdución á obra e vida do autor, amais dun interesantísimo Dicionario de nomes, no que se dan as claves das múltiples referencias que aparecen no texto. O segundo tomo é o dedicado ao texto de Ovidio, que se publica en edición bilingüe, coma todos os títulos desta colección. [Presentación editorial]