Escritos probablemente no segundo cuarto do século XIII, os Carmina Burana forman unha colección de cantos medievais chamada así por ser descuberta no mosteiro Bura Sancti Benedicti, en Baviera, no ano 1847. Clasicos en Galego ofrécenos a parte máis extensa e, quizais, a máis interesante da colección, que se deica aos poemas de contido amoroso. Neles amósase a evolución da creación literaria europea, na que se comezan a mesturar temas da tradición cristiá cos da tradición clásica e pagá, nun momento da Idade Media en que unha sociedade máis urbana e máis burguesa, máis secular, se abre a novos gustos. [Presentación editorial]