Puntuación: 2.0/5 (50 votos)
En 1943 viu a luz un poemario, "Queixas", en Buenos Aires, "a quinta provincia galega", onde o labor cultural, encetado nas décadas anteriores ao levantamento militar, deu numerosos froitos literarios que viñeron paliar o silencio interior imposto a seguir da contenda bélica. Con este libro, un dos poucos editados en galego nos anos inmediatamente posteriores á guerra, a súa autora, Áurea Lorenzo Abeijón, entrou na República das Letras e con el, tafién, inaugurou o catálogo editorial das escritoras galegas nesta etapa, doblemente silenciadas: pola etapa de represión que se vivía no país e fiáis por seren mulleres. Áurea Lorenzo, nacida no fermoso lugar de Beneso, Concello de Porto do Son, en 1904, partiu para Arxentina cando era moi nova, seguindo o camiño -nalgúns casos de ida sen retomo- de tantos galegos e galegas. Aquela viaxe na procura dun porvir, que ela ansiaba mellor, desenvolveuse até a súa morte en Buenos Aires, coa lembranza permanente da Galiza á que só voltou unha vez en 1975.
Para contribuir ao coñecimento da obra da sonense, Aurora Marco -entregada desde hai anos ao traballo de recuperación de escritoras galegas-, edita "Queixas", libro composto por vintenove composicións, cuxo núcleo temático vertebrador segue a liña costumista-paisaxista e a intimista, con evidentes pegadas rosalianas. Subliña a veneración por Galiza, á que a poeta se sentiu sempre estreitamente unida e pola que mostrou un apaixonado amor. Á edición precede unha introdución sobre a vida e obra de Áurea Lorenzo, enriquecida cun anexo epistolar e outro fotográfico.
[Contracapa do libro]