A poesía do Doce Estilo Novo é fundamental para entendermos a evolucíón da linguaxe poética europea. Dante Alighieri foi o seu cume e quen bautizou e caracterizou por primeira vez esta escola poética. O iniciador desta nova maneira de poetizar, que florecería no derradeiro terzo do século XIII, foi Guido Guinizelli e, ao carón del, figura o grande Ca valcanti. Setecentos anos despois, aínda nos conmove aquela poesía que revela aos nosos ollos unha sensibilidade teimosamente cultivada, a obsesionada exactitude expresiva duns poetas que eran conscientes de estaren construíndo un pensamento poético novo. [Texto de contracapa]