"Polo camiño do incerto" é un libro no que Antonio García teijeiro crea unha atmósfera densa e misteriosa resolta en claroscuros que nos fan participar dun tempo de silencios rachados polos pasos dun vello camiñante que, despois dunha longa e pensoa viaxe, permanecerá para sempre nas verbas dos poetas como sinala o epitafio co que remata este poemario. [Texto de Xulio García Rivas en contracapa]