Segundo un informe do Grupo Parlamentario dos Verdes-ALE:"Se o Parlamento Europeo tivese apoiado a proposta da Comisión europea,no canto de flexibilizala,o Prestige non circularía xa a estas alturas.O ponente no Parlamento foi Hatzidakis,un deputado grego do Grupo Popular.A sua ponencia foi aprobada xa na primeira votación porque Hatzidakis propuxoa tender as reclamacións dos armadores e adoptar unha actitude complacente co Consello de ministros da UE".Ou sexa:debémoslle ao Grupo Popular do Parlameno Europeo,e ao Consello de Ministros de Bruxelas,do que forman parte os membros do Goberno español que preside Aznar,que o Prestige chegase ás nosas costas coa sua carga mortífera o 13 de novembro. [presentación editorial]