Puntuación: 2.3/5 (55 votos)
Coas cautelas que se queiran, algo hai sen dúbida ningunha no noso modo de ser, na nosa mentalidade, no noso carácter nacional, no noso imaxinario, na nosa visión do mundo, no noso territorio, ou no que sexa, que nos fai diferentes diante dos demais diante nós mesmos fronte ós outros. E tal vez exista tamén, unha relación entre a gabada atractiva natureza do país e os modos de ser das xentes que o habitan, teima incesante para moitos escritores galegos de onte e de hoxe. Haberá que supoñer que "depende"...
Escribe Chao Rego: Tódolos pobos precisan un relato histórico co que se poidan identificar. Cada sociedade elabora un modo peculiar de verse a si mesma ou de contarse a si mesma a súa historia. Esta narrativa identitaria, para complicar aínda un pouco máis a delimitación de conceptos, aparece ás veces confundida ben co que se adoita denomi- nar o imaxinario social, (ou os imaxinarios), ou cos mitos que adoitan constituír o cerne simbólico de todo movemento diferencialista, aínda que como nos casos anteriores, tampouco sexa doado determinar os significados destes conceptos. Unha definición habitual considera o imaxinario como o repertorio das imaxes vixentes na conciencia ou no inconsciente colectivo dunha determinada sociedade, unha especie de sistema borroso de ideas que inspira reaccións e condiciona os xuízos de valor, as opinións e as conductas dunha época determinada, ou o xeito no que unha sociedade se imaxina a si mesma, imaxina outros mundos, ou fala cos descoñecidos. O máis notable, escribe Octavio Paz comentando a Castoriadis, é que despois os homes imitan estas imaxes.
[Fragmento do libro]