“A estrela na palabra. Novas conversas con Xosé Manuel Beiras” ve a luz cando teñen transcorrido quince anos da publicación de “A nación incesante” (1989), primeiro libro de conversas con Xosé Manuel Beiras tamén realizado por Miguel Anxo Fernán Vello e Francisco Pillado Maior. “A estrela na palabra” ofrece un vivo testemuño do Beiras humano e político dos nosos días, combinando diferentes análises sobre a realidade política actual, tanto no que afecta a Galiza e ao BNG en particular como no que atinxe á realidade internacional vista desde o prisma do político, escritor e ideólogo galego. Con Xosé Manuel Beiras, co seu discurso e coa súa acción, os autores reivindican a "estrela" na "palabra", a lucidez persoal extraordinaria dun home que marcou
e marca toda unha época e que é semente intelectual e política de futuro. [Presentación editorial]