Iolanda Ogando apresenta neste seu traballo un profundo e moi interesante estudo que se achega aos dramas galegos que utilizan a historia como recurso argumental. A utilización de materiais de natureza histórica por parte dos nosos dramaturgos permite demostrar que a construción dunha sensibilidade nacional está moi estreitamente vinculada coa criación dun teatro e en xeral dunha literatura que toma como punto de referencia un pasado para a elaboración artística.
Este volume é o trixésimo cuarto editado pola Biblioteca-Arquivo "Francisco Pillado Mayor" da Universidade da Coruña.