Piñeco é un esquío rebuldeiro que presume de ser moi áxil e de non temer perigo ningún. Gusta de facer as súas demostracións cando o vello Grandarume lles conta as historias da súa mocidade aos esquíos máis novos, porque é nese momento cando ten máis público. O anuncio do avó esquío de contar a aventura máis sorprendente e orixinal de todas cantas lle ocorreron concentra a atención de todos, mesmo de Piñeco, que, ao final, resulta ser o máis sorprendido. [Presentación editorial]