Vítor e David eran veciños e foran moi amigos de pequenos, dende os dous ata os dez anos. Daquela as súas vidas separáronse ata que se volveron atopar moitos anos despois. Un feliz encontro no que compartiron momentos da memoria vivida. Nestas páxinas David comparte co seu amigo un conto que lle contara seu avó onde lle explicaba a diferenza entre a sorte e A Boa Sorte. [Presentación editorial]