Dezasete poemas de Xosé María Álvarez Cáccamo con cadanseu gravado orixinal de Manolo Figueiras. Prólogo de Manuel Outeiriño.
Edición limitada de 40 exemplares numerados e asinados polos autores. Técnicas de gravura: xilografía, augaforte e gofrado.
Unha recreación do mundo da infancia a través dos ollos dun dos poetas de maior influencia na literatura galega actual. Con esta, iníciase unha nova serie de edicións singulares. [Presentación editorial]