Xulio Corveira tivo moito do que se pode desexar na vida: liberdade, solvencia económica, sexo, parellas coas que compartir un proxecto vital, un espazo propio enorme e mais a capacidade de desprazarse polo mundo á súa vontade. Aínda así, aos 86 anos atópase con forza física, mais interiormente esgotado; daquela decide afrontar un balance, para iniciar, logo de se desprender de todo, un novo camiño, que o conduza, por fin, a se atopar consigo mesmo. [presentación editorial]