Con este interesante e rigoroso traballo Ramón Varela Díaz pon no noso coñecemento as emisións de gases invernadoiro, acidificantes e dioxinas, tomando como referencia o ano 2000, orixinadas polos distintos sectores da actividade económica e industrial que actúan en Galiza, incluíndo tamén, de forma novidosa, as emisións procedentes de usos domésticos, transportes... Relacionado coas esixencias do Protocolo de Quioto –cuxo texto se reproduce na súa totalidade- representa unha chamada de atención á sociedade, á industria e á administración para poñer os medios para a súa redución e un manual imprescindíbel para estudosos do medio natural. [Presentación editorial]