A finais do século XV, os homes procuran a luz na ciencia e no estudio, ábrense fronteiras ao coñecemento e nas beiras do Atlántico os mariños pregúntanse qué hai máis aló de onde se pon o sol. O tempo de tebras toca a súa fin… Desde a Bouciña, no solpor, o horizonte é unha difusa liña vermella que se agacha detrás de Sálvora, a illa que don Xoán chama “a porta do mar”, a que limita o seu mundo de navegante, a fronteira entre o calmo mar de dentro e o de fóra, a extrema do océano infinito e descoñecido. [presentación editorial]