Novela finalista do 1º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2004 convocado pola editorial coruñesa Baía Edicións e ilustrada tamén por Xosé Tomás Díaz Teijo.
Nesta obra, dirixida a rapaces e rapazas a partir dos 12 anos, a súa protagonista, Nerea, unha moza superdotada, que, xunto a situacións propias da súa idade: amizade, familia, solidariedade, namoramento e desengano, vive emocionantes e perigosas peripecias a través de viaxes no tempo para rescatar da morte a un familiar desaparecido no ano 1936 e situalo nun mundo, o actual, en completa contradición co que el estaba vivindo. [Presentación editorial]