Puntuación: 2.0/5 (37 votos)
Un dos escritores galegos que mellor recrean o fascinante mundo do cinema é Miguel Anxo Femández. "Capitol, última sesión", o libro que vén de publicar Editorial Galaxia, achéganos un mangado de historias nas que as salas de cine e as películas se converten nun universo que acaba por contaxiar a vida dos espectadores, dándolle unha dimensión nova na que se unen ficción e realidade. Historias de cine que forman parte da nosa propia historia e que, coma en Cinema Paradiso, marcan o devalar do tempo.
Con envexable pulso narrativo e pingadelas de humor, Miguel Anxo Femández percorre a historia cinematográfica do século XX a través dos filmes que se proxectan no Capitol, un cine dos de antes ao redor do cal se tecen vidas e historias tan apaixonantes como as que se proxectan na súa pantalla. Aventura, amor e misterio nun libro de narrativa que conta a historia do cinema dunha maneira imaxinativa e orixinal.
Ao lembrar esas películas de cine que deixan na memoria un pouso de sensacións e vivencias, Miguel Anxo Femández explora ese territorio privado no que a fantasía do cinema se mestura coa realidade da vida dando lugar a unha obra narrativa que engaiola e conquista lectores. A mesma fascinación que acontece na sala de proxección trasládaa o autor ás narracións de "Capitol, última sesión".
[Presentación editorial]