Este poemario, que resultou gañador da II edición do «Premio de Poesía Afonso Eanes do Cotón» (ano 2003), de ámbito galego, está dividido en catro partes («Preludio da danza», «Penúltima vertixe», «A selva» e «As feridas da auga») nas que se poetiza unha relación de amor, dende o seu nacemento ata a súa fin, posta na voz do poeta. Estamos ante un libro de complexa elaboración técnica, que merece unha lectura reflexiva e tranquila, para podermos apreciar o esforzo na procura da expresión exacta e da suxestión. [Presentación editorial]