En moitas partes de Galicia cóntanse, aínda hoxe, as falcatruadas de Pepa, A Loba, unha bandoleira lendaria ou quizais imaxinaria que, segundo algúns, viviu no século XIX. A historia que conta este libro recolle algunhas das fazañas que se lle atribúen á Loba, unha rapaza acosada polos "lobos" dunha vida miserable, e imaxina outras que mostran unha muller instintivamente nobre, teimosa e cumpridora da súa ética, afoutada e, dentro do que a súa vida lle permite, tenra e fermosa. [presentación editorial]