"A loita pola terra nas Mariñas: das axitacións antiseñoriais á resistencia antiforista" trátase do terceiro título da colección “Cadernos de Estudios Oleirenses”, iniciada coas obras “Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936)”, de Carlos Pereira Martínez, e “Juana de Vega, entre Acevedo y San Pedro de Nos. Vida y obra de una mujer ejemplar”, de Manuel Rodríguez Maneiro. A colección, en formato libro, numerados, abarca cun marcado carácter divulgativo diversos aspectos relacionados coa riqueza que o concello coruñés de Oleiros atesoura desde o punto de vista da súa historia social, económica, cultural e política, centrándose en temas como o seu pasado e historia, agrarismo, movemento asociativo, arquitecturas civil e relixiosa ou persoeiros relevantes que neste concello naceron ou onde desenrolaron parte ou a totalidade do seu labor, entre outros.
O traballo que presentamos organízase en tres grandes apartados. O primeiro está dedicado a reconstruír as orixes e a natureza do dominio señorial que sobre estas terras exerceron algunhas das principais casas da nobreza, contestado por parte das comunidades da zona en diversas ocasións a finais da Idade Media. O segundo apartado se centra nos efectos que sobre a configuración da propiedade nestas terras puido ter a Revolución Liberal a comezos do século XIX. Por último, a propietarización do campesiñado mariñán nos inicios do século XX ase como a contestación radical e precoz de que foron obxecto os foros nesta terra constitúe a materia do terceiro apartado. [Presentación editorial]