Publicada en 1980, "Ilustrísima" é unha das novelas máis populares e apreciadas de Carlos Casares. Editorial Galaxia publica unha nova edición, que aparece na Biblioteca de autor na que se integra toda a obra do escritor e editor ourensán. A narración céntrase nunha pequena cidade galega, a comezos do século XX, na que a chegada do cinema vai provocar unha convulsión.
A novela de Carlos Casares recrea con mestría o mundo supostamente ordenado e inmutable dunha pequena cidade galega. "Ilustrísima" é un traballo narrativo feito con sumo coidado e que consegue representar á perfección un mundo urbano dominado polo clero, no que a chegada do cinematógrafo orixina conflictos entre o bispo e os seus subordinados xerárquicos. Os temas da intolerancia, o dogmatismo e as diversas formas de violencia que poden oprimir ao ser humano están presentes ao longo de toda a narración. Unha obra inesquecible, un dos grandes éxitos do Carlos Casares novelista. [Prsentación editorial]
ficha da publicación
» Título:
Ilustrísima
» Escritor/a: Carlos Casares
» Ed.
Galaxia,
» Ano: 2004
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Literaria
» Pax: 120
» ISBN: 84-8288-733-5