Unha orixinal e persoal viaxe polo Camiño de Santiago é a que nos ofrece John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941) en "As frechas de ouro". O autor, que é profesor de lingua e literatura hispánicas no Queen's College de Oxford, amais de director do Centro de Estudos Galegos da mesma universidade, escribiu este libro nun galego cheo de ironía e humor. As dificultades e satisfaccións dos peregrinos, asúa vivencia cotiá reflíctense nunha viaxe literaria na que ficción e realidade se superpoñen e mesturan para acadar unha obra deliciosa, unha sorpresa para as nosas letras. [Presentación editorial]