Desde as mil e unha noites, a cultura árabe é o aconchego e a orixe de moreas de lendas e contos. Moitas das súas historias chegaron a nós por transmisión oral e seguen a ser contadas de múltiples maneiras.
Coa axuda do enxeño, as lendas árabes apréndennos a confiar máis en nós mesmos, a superar as dificultades e a deixar de lado o egoísmo. A escritora Rosa Aneiros achéganos a estas historias apaixonantes con toda a forza e a imaxinación da primeira vez que foron contadas. Coa emoción e a voveza dos pobos que as fixeron nacer. [Presentación editorial]