A India é máis ca un país, é todo un mundo. A cultura hindú, formada ao longo de tres mil anos, é tan rica e multiforme que abrangue milleiros de deuses e deusas e unhas oitocentas línguas.
As lendas hindús que aquí conta o narrador e poeta Darío Xohán Cabana son unha mostra desa marabillosa xuntanza de vellas crenzas e símbolos eternos. A historia do deus con cabeza de elefante, a do exército de simios de Rama ou a do príncipe Siddhartha, o Buda por excelencia, han de servir de porta de entrada a unha civilización sorprendente e fascinante. [Presentación editorial]