“Memoria Solar” recolle por primeira vez toda a obra publicada de Luz Pozo Garza (Ribadeo, Lugo, 1922) ademáis doutros poemas inéditos ou dispersos. Inclúe, polo tanto, dende os primeiros poemarios dos anos cincuenta escritos en castelán como “Ánfora”, “El vagabundo” ou “Cita en el viento”, o poemario bilingüe “últimas palabras/verbas derradeiras”, ata os libros, xa exclusivamente en lingua galega, como “Concerto de outono”, “Códice calixtino”, “Prometo a flor de loto”, “Vida secreta de Rosalía” ou o máis recente “Medea en Corinto”, así como o último poemario de carácter inédito, “As arpas de Iwerddon”. Unha edición que, revisada pola autora, ven confirmar a presenza vigorosa nas letras galegas dunha das voces que mellor saben achegar paixón, vida e poesía. [Presentación editorial]