En Sri Lanka, a guerra civil está a estragar gran parte do país. Arundi e o seu irmán Sirik quedaron orfos logo dun atentado e deciden partir a Colombo na procura do seu tío, o único familiar que lles queda. Pero polo camiño haberán coñecer a Seamus, un misterioso mozo irlandés que se dedica a criar tartarugas. El vailles prestar axuda e fará que a súa viaxe tome unha orientación insospeitada. [Presentación editorial]