Con este traballo os autores, Xosé Rúas e Alberto Pena, pretenden somerxer o lector no mundo que se agocha tras o proceso electoral, exemplificando e describindo con todo tipo de documentación (anuncios, carteis, plans de medios, programas, vídeos) as eleccións autonómicas galegas do ano 2001. A partir duns comicios concretos, este interesante estudo analiza de xeito neutral as estratexias de márketing e propaganda dos diferentes partidos políticos, que resultan fundamentais á hora de comprender uns resultados electorais. [Contracapa do libro]