Babaiaga é unha bruxa que só ten un dente e ningún amigo, quizais por iso é tan mala. Gústalle comer nenos tenros e gordiños e puxo un restaurante que se chama O bebé sabrosón. Unha doce e fermosa nena, Miguita, conseguirá escapar das fauces da bruxa grazas á súa astucia e á axuda que lle prestan algúns seres amigables que atopa no seu camiño. [Presentación editorial]