Gabriel e Gabriela viven en Cova das Fontes, unha aldea galega da beiramar. A el gústalle o fútbol, a ela a música, e comparten todo o demais. Son fillos de pescadores, amigos inseparables e están marcados por un mesmo destino. A súa historia de amor entrelaza con aqueloutras que deron vida á aldea, vella morada de segredos e lendas. Mentres, a tensión política do momento esténdese e toca as súas terras. A sombra da Guerra Civil. [Presentación editorial]