O monstro peludo está canso de comer ratos e decide probar sorte oas persoas. Pero a súa primeira vítima, aínda que é unha princesa, resulta un pouco respondona. Ao monstro non lle gusta que lle tomen o pelo, xustamente porque ten moitos. A princesa, non obstante, non ten ningún de parva e está moi disposta a demostralo. [Presentación editorial]