Kleta é unha bicicleta vermella que percorre as rúas co seu dono, un empregado municipal encargado de aspirar os xuramentos e insultos dos condutores. O seu soño é visitar o zoo. Cando por fin o consegue, recibe alí unha calorosa acollida dos animais. A autora sorpréndenos cun texto humorístico, simpático e orixinal, non exento de sentido crítico. [Presentación editorial]