Cando anoitece as criaturas do bosque comezan a súa actividade nocturna. Entre eles, os chisgarabises, trasnos rebulideiros á familia dos cales pertence Chis. Un chisgarabís que, porén, non é coma os demais. Intenta ocultarse, pasar desapercibido, pero así non é feliz. Da necesidade de aceptarse e do amor en circunstancias difíciles fala este libro. [Presentación editorial]