O Certame Nacional Galego de Narracións Breves "Modesto R. Figueiredo", creado en 1975 pola Fundación do Pedrón de Ouro para axudar á consolidación do xénero curto de novela converteuse co paso do tempo nun galardón clásico e nun referente inevitable da literatura de Galicia. Algún crítico alude á existencia dunha xeración de escritores que levaría o título xeral de Xeración do Pedrón de Ouro.
Nesta ocasión a publicación dos premios corresponde ás convocatorias dos anos 2001,2002 e 2003. Algúns galardoados son escritores coñecidos noutros eidos da literatura, como o xomalismo, a poesía e o ensaio, pero outros, pola contra, rompen aquí as súas primeiras lanzas literarias, co cal segue a se respectar aquel lonxano obxectivo: dar a coñecer novos valores e novas inquietudes na nosa narrativa nacional. [Contracapa do libro]